Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Bugallo leva o Smartiago a Málaga e o PP presenta a súa réplica ‘Smartimo’

O vicesecretario de Organización popular califica de “indecente” o gasto de 700 mil euros no proxecto

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, xunto aos concelleiros Mercedes Rosón e Sindo Guinarte, acudiu a Málaga con motivo de presentar o vehículo autónomo desenvolvido no marco do proxecto Smartiago no Foro Greencities S-Moving, no que foron recibido polo alcalde de cidade andaluza, Francisco de la Torre. Neste evento, a comitiva compostelá visitará o stand de Vodafone España onde estará exposto o vehículo de condución autónoma desenvolvido polo Concello de Santiago no marco do proxecto Smartiago. Así mesmo, Bugallo participará tamén no ‘Encontro de líderes urbanos’ que reunirá aos alcaldes da Rede Innpulso.

Tras facerse pública a visita dos tres membros do goberno local á cidade andaluza, os populares composteláns non tardaron en dar voz a varias das suás preocupacións e dúbidas. Neste senso, o vicesecretario de Organización dos populares composteláns, Adrián Villa, denunciou o feito de que “o alcalde e os dous tenentes alcaldes se desprazasen a Málaga a unha feira de mobilidade para presentar este SmarTimo”, nome co que bautizaron a “réplica do que Bugallo amosou a semana pasada a bombo e pratiño na praza do Obradoiro”, aclarou Villa, e que presentou acompañado de varios membros de Novas Xeracións.

SMARTIMO. Na súa intervención, Villa acusou ao goberno de Bugallo de queimar os cartos dos composteláns nun “dispendio que como indicou o tenente alcalde, Sindo Guinarte, é un proxecto de innovación e non de contratación de suministro”, polo que son varias as dúbidas que lle xorden: “Non hai outras prioridades nesta cidade? Cantos SmarTIMO vai haber circulando polo noso casco histórico? Canta carga poderán levar? Cantos viaxes poderán realizar? Trasladaranse eles sós polas rúas de Santiago ou irá algunha persoa con eles? A que horas circularán? Vai haber unha persoa que descargue nos comercios? Canto costará cada smarTIMO que este concello precise encargar? Que custo terá este servicio para os comercios do casco histórico e hostalería?”

Para Villa, este “SmarTimo non é mais que un novo exemplo da xestión municipal destes 3 anos e medio”, no que, incidiu, “non hai ideas, non hai proxectos, só hai desidia, pasotismo e erro tras erro”. Destacou que non é máis que unha mostra e “un exemplo da decepción e perda de confianza que o señor Bugallo esta a trasladar a esta cidade”, pois, sinalou, mentras que hai “centos de prioridades para os nosos veciños que non se están a satisfacer, en cambio estase a despilfarrar case 700 mil euros nun proxecto no que non cre ninguén”, unha cantidade que o vicesecretario da organización calificou de “indecente”. Un gasto innecesario, que a día de hoxe, apuntou, “plantexa moitísimas más preguntas que solucións”.

Así mesmo, Villa denunciou que “o goberno de Bugallo non valorou o impacto estético que este SmarTimo provocará na nosa cidade“. E engadiu que “nós temos claro que Santiago é unha cidade referente a nivel mundial, cidade patrimonio da humanidade, e cando aquí circulen ou veñan os turistas e tamén os propios veciños, e se atopen estes SmarTimos circulando polas nosas rúas, sabemos o que vai a pasar, nós temos a resposta, e é que Santiago vaise convertir nun meme a nivel mundial”. Villa remataba a súa intervención fácendose a seguinte pregunta: “Hai alguén ao mando deste concello ou realmente este concello está a funcionar como funiconará este smartimo sen conductor e sen un rumbo claro?”, apuntou.

Pola súa parte, o responsable do proxecto Smartiago, o concelleiro Sindo Guinarte, aclarou que o vehículo autónomo e o Living Lab presentado a semana pasada é “un referente no campo da innovación e a sostibilidade”. Así, o concelleiro defendía o proxecto exposto no Foro Greencities de Málaga, afirmando que “foi un dos que máis interese suscitou no foro adicado á innovación tecnolóxica e á mellora dos servizos públicos”. Explicou que o Smartiago é un proxecto de innovación, “non un proxecto de compra de subministros”, e que está financiado con fondos europeos (Feder), e pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, “quenes aportan o 90 % do seu custe”.

“Ten que ser un orgullo para a cidadanía de Santiago”. É importante que “a nosa cidade sexa tamén un referente na innovación e na sostibilidade”, sentenciou.

21 sep 2022 / 22:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito