Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Camiñando polo dano cerebral’ chega este venres ata a praza do Obradoiro

fegadace. O proxecto Camiñando polo dano cerebral achégase ao seu fin co percorrido da última etapa do Camiño de Santiago por parte das asociacións de Fegadace. As persoas con dano cerebral van ser as protagonistas desta actividade. Grupos procedentes das cinco asociacións de Fegadace van facer xuntos un tramo da última etapa do Camiño, ata a Praza do Obradoiro, para logo gozaren dun xantar conxunto no parque de Galeras. A cita é este venres 17 de setembro. O punto de encontro e de partida é Salgueiriños, onde chegarán pola mañá os vehículos adaptados procedentes da Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e diversos puntos da comarca de Santiago. Está prevista a participación dunhas 200 persoas, na súa maioría usuarias destas asociacións, pero tamén profesionais, voluntarias e familiares. O percorrido,, sairá de Salgueiriños ás 11.00, desprazándose pola avenida de Xoán XXIII ata a rúa de San Francisco. Aí sumaranse algunhas persoas que non poden facer o percorrido completo, para entraren xuntas na Praza do Obradoiro. Tamén está previsto incorporar nese punto, diante da Facultade de Medicina, ás autoridades implicadas na actividade, arredor das 12.30. A rececpción oficial será ás 13.00 horas. ecg

15 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito