Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Casino: reparto de ‘paraugas ilustrados’ dos galardóns de novela europea

Serán 1.500 con imáxenes de portadas e as caras de escritores dos libros finalistas // Teñen coma fin promocionar a lectura

O Casino de Santiago presentou na tarde de onte a campaña de promoción da lectura das obras finalistas do Premio Novela Europea Casino de Santiago na modalidade de Novela traducida a outra lingua europea.

Esta promoción terá como un dos elementos dinamizadores 1.500 paraugas que coas imaxes das portadas das novelas finalistas e das caras dos escritores se repartirán en toda a cidade.

Estiveron presentes no acto, celebrado no Casino de Santiago, o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez; a vicepresidenta da Deputación Provincial de A Coruña. Goretti Sanmartín, e a concelleira de Cultura do Concello, Mercedes Rosón, ademáis de libreiros e comerciantes de Santiago.

As novelas finalistas desta campaña se presentaron o 11 de marzo e son as seguintes: Na sección de lingua galega: Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Arantza Portabales (Editorial Galaxia); Infamia, de Ledicia Costas (Ed. Xerais); Un lume azul, de Pedro Feijoo (Xerais).

E na sección de outras linguas oficiais do Estado foron finalistas: Canto yo y la montaña baila, de Irene Solá (Editorial Anagrama); Fractura, de Andrés Neuman (Alfaguara); Los pacientes del doctor García, de Almudena Grandes (Editorial Tusquets).

Infamia é un thriller psicolóxico onde nada é o que parece. Unha novela de ritmo vibrante que agarra ao lector e o conduce aos sumidoiros da condición humana. Unha historia de amor odio e loucura. Fiel á súa escrita, Ledicia Costas é quen de explorar o máis recóndito da alma humana ofrecéndonos unha novela poderosa e aditiva.

Deixe a súa mensaxe despois do sinal é unha novela na que se describen as confesións a un contestador que realizan catro mulleres, de distintas clases sociais e de distintas idades, que están pasando por unha situación delicada.

Un lume azul, do escritor galego Pedro Feijoo, é una novela negra estremecedora ambientada na cidade de Vigo. Unha obra que fala da maldade, e na que as personaxes caracterízanse pola escuridade que esconden, a desesperanza, a violencia, pero tamén nalgúns casos pola súa fraxilidade.

Fractura relata cunha grande sensibilidade a vida dun supervivente da bomba atómica de Hiroshima.

Los pacientes del doctor García conecta acontecimientos reais e descoñecidos da II Guerra Mundial e o franquismo contruíndo as vidas dos 300 personaxes que aparecen na obra dende a España dos anos 30 ata a Transición.

Por último, Canto yo y la montaña baila de Irene Solà é unha novela sorprendente, tan de conto como os contos, na que se mesturan lendas extraídas da mitoloxía catalana coas creacións froito da imaxinación da propia autora deste libro e que xa sexan verdade ou ficción, conseguen conmovernos.

30 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.