Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Celebración do primeiro certame ‘Mellor Iniciativa Empresarial’

As entidades que resultaron distinguidas foron premiadas con mil euros cada unha

Santiago. As empresas Biostatech, bFlow e Innogando acaban de ser recoñecidas nos premios Mellor Iniciativa Empresarial USC. O acto, que tivo lugar no día de onte no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, foipresidido por Antonio López, reitor da USC.

A primeira edición destes galardóns diríxese tanto a empresas de base tecnolóxica (EBT) da USC, como a proxectos empresariais e empresas start-up creadas nos últimos 24 meses, que serán premiadas con axudas dalgún dos programas de apoio á creación de empresas da USC.

No seu ditame, o xurado tivo en conta a viabilidade económica e financeira do proxecto, o grao de innovación do produto, proceso ou servizo, a capacidade de xeración de emprego da iniciativa, o carácter multidisciplinar do equipo promotor e as políticas de igualdade na actividade da empresa.

Así, no certame galardonáronse tres categorías: EBT Consolidada, onde resultou gañadora Biostatech “polo aproveitamento no mundo dos negocios dunha metodoloxía de tratamento estatístico orixinario da contorna de investigación, pola súa capacidade de resiliencia e adaptación, polo proceso de diversificación na carteira de clientes e por contar cunha política explícita de igualdade”, conluíu con xurado; EBT de crecente creación, na que Bflow levouse o premio polo desarrollo dunha tecnoloxía que permite, en investigación preclínica, probar as moléculas e fármacos nunhas condicións moi similares ás dun ser vivo, polo que, empregada antes de pasar o test en animais, permite identificar os mellores candidatos a superalo, reducindo e racionalizando así factores diveros com: tempo de investigación, custos experimentais e número de animais usados; Mellor Start Up, onde Innogando alcanzou o galardón “pola activa participación en programas de emprendemento que lle permitiu unha rápida redefinición do modelo de negocio, pola captación do interese e compromiso financeiro dunha empresa clave no sector gandeiro, pola rápida constitución dun equipo de traballo e consecución das primeiras vendas”, destacou o xurado.

Ademáis do prestixio otorgado polos premios Mellor iniciativa empresarial, cada empresa premiada foi galrdonada con mil euros. ECG

28 jun 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito