Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Celebrando medio século do tesouro que garda o Museo de Arte Sacra de San Paio de Antealtares

O Museo de Arte Sacra de San Paio de Antealtares estivo de aniversario o ano pasado: fixo 50 anos da súa apertura, o 24 de abril de 1971. Tivo que pospoñer a súa celebración polo repentino finamento do dr. Xosé Carro Otero (23 de abril de 2021), quen, á idade de 29 anos, musealizou o ‘tesouro’ custodiado pola congregación beneditina do mosteiro, sendo Abadesa Madre María Prieto. Ambos foron capaces de visualizar o proxecto e adaptalo á vida monacal de clausura do lugar que o alberga, permitindo deste xeito que o público puidese desfrutar e coñecer máis sobre a arte sacra, a historia do mosteiro e a propia orde bieita.

O Padre Colombás, na súa obra Las Señoras de San Payo, indicaba: “el alma del Museo de Arte Sacro ha sido –y sigue siendo– el doctor José Carro Otero, compostelano de pro, quien con su reconocida competencia, su juvenil dinamismo y la callada, pero eficaz, colaboración de la archivera del monasterio sor María de las Mercedes Buján por lo que se refiere a la datación de muchas piezas expuestas, ha organizado una exhibición perenne de lo que resta del tesoro religioso de la casa, tan mermado por las vicisitudes de los tiempos, pero que sigue conteniendo objetos de gran valor”.

A celebración deste 50 aniversario presenta un museo actualizado e renovado, acompañado do Simposio ‘Ars Sacra’ O patrimonio cultural na tradición monástica bieita, de 2 días de duración (14 e 15 de outubro), onde expertos en historia, arte e museos analizarán polo miúdo cuestións científicas relacionadas con este centro de arte. Os interesados poden xa reservar as súas entradas a través da web do museo: www.masspa.es/actividad/arssacra.

A comunidade de monxas e a actual Abadesa, Madre Almudena Vilariño Periáñez, promotoras do evento, xunto coa colaboración da Universidad Complutense de Madrid, o Concello de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, fixeron posible esta celebración, que se converterá nunha sentida homenaxe aos fundadores deste Museo.

10 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito