Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 10 agosto 2022
15:22
h

Charla de Manel Pazo sobre a situación actual do sector eólico

    Santiago. A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais e Sede dos Enxeñeiros Técnicos Industriais galegos dá inicio á rolda de conferencias 2021/2022 co presidente da Asociación Eólica de Galicia, Manel Pazo Paniagua. A charla será o próximo mércores, ás 19.00 horas, na sede colexial situada na rúa Ramón Piñeiro, 11 (detrás do Parlamento). Esta primeira conferencia abordará todo o referente á situación do sector eólico na conxuntura actual, con reflexións sobre temas tan importantes como poden ser os Fondos Next Generation, o destacado aumento da factura eléctrica, as consecuencias da pandemia, a seguridade xurídica das tramitacións actuais de parques eólicos, ou a necesaria aposta de Galicia polas enerxías renovables, entre outros. A charla está aberta ao público en xeral, que deberá confirmar asistencia no correo electrónico santiago@coeticor.org ou no teléfono 981 59 14 72. ECG

    21 nov 2021 / 01:15
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito