Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ciencia e humor para reciclar correctamente

Medioambiente. O Concello de Santiago e a Unión de Consumidores de Galicia (UCG) organizan o día dous o faladoiro Arredor da economía circular, no que participarán Manuel Vicente, Eva Quiroga, Fran Rei e Pedro Brandariz. A actividade forma parte do proxecto #EuCompost_ela, presentado onte pola concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, e o secretario xeral da UCG, Miguel López Crespo. Estas actividades “buscan fomentar entre as persoas consumidoras do Concello de Santiago un coñecemento máis profundo da economía circular e da importancia de reciclar correctamente, especialmente agora que se está a introducir o chamado “quinto colector” no que só se poderá verter materia orgánica”, indicou a edila. Pola súa banda, López Crespo incidiu na necesidade de seguir fomentando campañas que promovan “un consumo sostible e responsable”. O acto terá lugar este xoves ás sete e media da tarde no teatro Principal. ecg

30 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito