Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Cinco no Camiño’, o recurso didáctico para cativos dedicado á peregrinación

É unha publicación en liña que quere fomentar o coñecemento cara o patrimonio histórico

Santiago. O Ministerio de Cultura e Deporte publicou onte, Día Internacional da Educación, o libro interactivo Cinco no Camiño, un recurso didáctico en liña dedicado aos Camiños do Norte Peninsular e deseñado para alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria.

Incluído no Programa Oficial de Actividades do Xacobeo 2021-22, este recurso foi coordinado polo Consello Xacobeo do Ministerio de Cultura e Deporte e participaron Galicia, Asturias, Cantabria, A Rioxa e País Vasco, comunidades autónomas polas que discorren os roteiros do norte.

O libro interactivo, Cinco no Camiño conta a historia de Cova, Eneko, Nando, Amina e Xiana, cinco mozos e mozas elixidos para participar nun proxecto que lles permitirá vivir a aventura de realizar sós o Camiño da Costa e elaborar posteriormente unha guía de viaxe. O grupo é tutelado por Lucía, unha enxeñeira ambiental que viaxa con Gaia, un prototipo de vehículo ecolóxico que ela mesma creou.

Patrimonio e cultura. O obxectivo desta publicación en liña é fomentar nos alumnos da última etapa de Educación Primaria o coñecemento polo patrimonio cultural, artístico e natural do Camiño de Santiago, ademais de promover os valores da interculturalidad, o ecoloxismo, a igualdade de xénero e a tolerancia. As diferentes personalidades, intereses e procedencias dos cinco protagonistas enriquecen a experiencia común vivida por este grupo de mozos, ademais de contribuír ao crecemento persoal de cada un deles, ao achegar diversas sensibilidades, puntos de vista e ideas.

A aventura destes cinco mozos e mozas preséntase como un blogue de viaxe dividida en etapas. En cada unha delas, inclúese un amplo contido sobre o patrimonio de cada tramo. Durante a viaxe atoparanse con Sophie, protagonista de Sophie no Camiño, o primeiro libro interactivo dedicado ao Camiño de Santiago elaborado polo Consello Xacobeo.

O recurso pode consultarse en www.culturaydeporte.gob.es/WEB-BLOG/. ECG

25 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.