Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Comezo “mellorable” do 2º cuadrimestre na USC: “O máis importante a día de hoxe é que as clases sigan para adiante, non que os alumnos aprendan”

Nunha enquisa realizada a máis dun centenar de alumnos e alumnas da Universidade de Santiago de Compostela, máis da metade denuncian a situación “mellorable” que vive esta neste comezo da actividade universitaria

Coas medidas postas en marcha o pasado 27 de xaneiro pola Xunta de Galicia, acordouse fixar o comezo das clases unha semana máis tarde e de maneira virtual, trastornando a vida dos universitarios e universitarias. Este fenómeno acrecentaba o medo dos estudantes a que se repetise unha situación similar á do primeiro cuadrimestre na que primaron uns niveis baixos de organización e falta dunhas óptimas para o desenvolvemento dos exames, xa que Galicia atopábase inmersa na terceira onda desta pandemia.

Neste contexto, procedeuse a realizar unha enquisa a 107 estudantes da USC (dos cales 87 eran mulleres, 19 homes e 1 preferiu non contestar) nos distintos campus (Santiago e Lugo), de todo tipo de titulacións desde Enfermería ata Relacións Laborais e de varias franxas de idade. Preséntase que os aspectos que máis se deberían mellorar serían son a organización (95,3%), atención ao alumnado (79,4%) e profesorado (59,8%). Este feito faise visíbel en testemuños dos nosos entrevistados que aseguran que “non está preparada a USC para impartir as aulas telemáticas e perden o tempo agardando a presencialidade” e que “o máis importante a día de hoxe é que as clases sigan para adiante, non que os alumnos aprendan”.

Comezo “mellorable” do 2º cuadrimestre na USC: “O máis importante a día de hoxe é que as clases sigan para adiante, non que os alumnos aprendan”

Pódese observar no gráfico anterior que máis do 80% dos entrevistados afirman que é mellorable ou moi mellorable a maneira na que se está desenvolver este comezo de cuadrimestre. Algúns enquisados afirmaban que “non se teñen en conta as condicións dos alumnos á hora de darlles semellante carga de traballo” ademais de “non contar cun plan B para unha situación que estaba claro que ocorrería despois do Nadal”.

Comezo “mellorable” do 2º cuadrimestre na USC: “O máis importante a día de hoxe é que as clases sigan para adiante, non que os alumnos aprendan”

Ao preguntarlles aos enquisados pola valoración xeral da Universidade de Santiago de Compostela a porcentaxe máis alta a obtén o 6 cun 26,2% e aínda que a maioría apróbana, ninguén lle outorga unha puntuación de máis de 8 nin menos de 1. Pero no cómputo xeral vese moi igualadas as porcentaxes de aprobado (5 ou máis) e suspenso (menos de 5).

Ademais, cando se lles pide que digan o que non necesita melloras, o 29% escolle as materias, o 24,3% o prezo (xa que o Sistema Universitarios Galego é un dos máis baratos de España para estudar) e 21,5% os protocolos fronte á Covid-19. En xeral, o alumnado universitario vese preocupado pola “inestabilidade” e recalcan que “a USC non está preparada para impartir as clases telemáticas e perde o tempo esperando á presencialidade, sen pensar nos alumnos”.

02 mar 2021 / 09:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.