Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Compostela Aberta avoga por impulsar un parque de vivenda social en Santiago

    PLENO. Compostela Aberta levará ao Pleno unha moción na que urxe ao Goberno a elaborar e aplicar un Plan municipal de Vivenda Pública que impulse un parque público que lle garanta este dereito fundamental ás persoas que non teñen acceso a unha vivenda digna no mercado libre, e que actúe como elemento regulador dos prezos. O concelleiro Jorge Duarte tamén lle demandará ao Goberno local “que estude a posibilidade de aplicar políticas fiscais que graven a vivenda baleira de grandes posuídores”. Na moción que defenderá no Pleno de hoxe, CA tamén insta ao Goberno a demandarlle á Xunta que se sume ao Plan Municipal de Vivenda Pública; e á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e ao Ministerio de Transporte a asinar un convenio co Concello para darlle cumprimento ao Plan Estatal de Vivenda no que ten que ver coa ampliación do parque de alugueiro social. Por último, a proposta de CA urxe ao Goberno a revisar o protocolo de actuación para a prevención de desafiuzamentos a a atención a persoas afectadas na comarca de Compostela, asinado en febreiro de 2017 polos concellos de Santiago, Ames e Teo e os colexios profesionais de Avogacía, Psicoloxía e Traballo Social. REDAC.

    31 may 2022 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito