Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Compostela Ilustrada pechou esta edición cun encontro artístico

Alcanzou o seu final a quinta edición do Encontro Internacional Compostela Ilustrada que, tras tres intensas xornadas que acolleron obradoiros de ilustración en diferentes espazos públicos da capital galega -coas Xornadas de Ilustración Urbana, a inauguración de dúas exposicións e a presentación de varias obras literarias- a través dunha xuntanza de debuxantes aberta a todo o público na que se deron cita os artistas convidados e os participantes no encontro.

Ás 11.30 horas da mañá deu comezo este derradeiro encontro na hospedería de San Martiño Pinario. A modo de broche das xornadas de ilustración, os participantes nesta quedada puideron debuxar tanto no claustro como no exterior do mosteiro e, unha vez chegou ao seu fin, tomáronse unha foto de familia oficial, tamén con San Martiño Pinario como escenario.

Escribiuse, así, o punto e final dun certame Compostela Ilustrada 2022 que en todo momento puido facer gala dunha grande receptividade por parte dos artistas convidados e dos seus 120 participantes. Os organizadores de destacan, ademais, a importancia que supuxo retornar ao formato habitual tras dous anos nos que o encontro se viu restrinxido polas limitacións que impuxo a pandemia.

Finalmente, dende a organización do Encontro sublíñase a proxección internacional do evento que, este ano, ademais dos chegados dende todos os rincóns da península, recibiu ilustradores de Illa Reunión, Estados Unidos, Francia e Italia.

07 nov 2022 / 01:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito