Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Compostela Literaria’ leva artigos de María do Cebreiro

Concellería de Acción Cultural. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou onte Compostela literaria, unha web actualizada que inclúe un mapa literario das obras e autores e autoras vinculados a Santiago, así como outros recursos e artigos. Na rolda de prensa estivo acompañada de Óscar Senra, da cooperativa Maos Innovación Social. A concellería de Acción Cultural presentou deste xeito o relanzamento da iniciativa Compostela Literaria, para o cal se creou unha nova web, compostelaliteraria.gal, totalmente remodelada e con novos contidos. Artellada ao estilo dunha guía, a web comprende tanto un mapa literario como unha mostra de obras, autoras e autores de marcada compostelanía, sexa esta nativa ou adoptiva, sexa por relevancia ou por intensidade.

Complétase esta proposta cunha serie de recursos lúdicos, como xogos didácticos ou un escape city, e con diversos artigos escritos por persoas relacionadas co mundo da literatura, como María do Cebreiro (natural de Santiago) ou Antía Otero (de A Estrada). Inclúese ademais a sección participativa Microficcións, á que calquera persoa pode enviar as súas propias creacións.

O mapa recolle, por exemplo, só algunhas persoas e obras destacadas extraídas dun longo inventario onde poden encontrarse na web son clásicos como os de Rosalía de Castro, Arturo Cuadrado, Concha Castroviejo ou Xoana Torres, ademais de outros máis actuais, como Suso de Toro, Berta Dávila, Daniel Asorey, Marga Tojo ou Patricia Janeiro. Tamén recolle as contribucións de Federico García Lorca, Emilia Pardo Bazán ou Valle-Inclán. REDACCIÓN

26 ene 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito