Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Consello Municipal das Persoas Maiores

    A Plataforma de Pensionistas de Compostela leva mobilizándose desde marzo de 2018 en defensa dun Sistema Público de Pensións que garanta pensións mínimas suficientes, para nós e para as xeracións futuras. Mais, tamén por uns Servizos Públicos que ofrezan benestar, seguridade e tranquilidade ás persoas maiores con carácter universal.

    A nosa vontade de participar, aportando propostas e esixindo respostas de ser o caso, levounos a impulsar a creación do Consello Municipal de Persoas Maiores do Concello de Compostela, un deses órganos de participación cidadá que a lexislación contempla, mais que rara vez se desenvolven se a cidadanía non reclama.

    Alén do que establece a Constitución para facilitar a participación da cidadanía na vida política, económica, cultural e social por parte dos poderes públicos e o que desenvolven as leis estatais e galegas de réxime e administración local, todo pode enredarse en labirintos burocráticos e dilacións para que o que as leis permiten e, incluso, obrigan, non se materialice. Por iso valoramos moi positivamente que hoxe, día 13 de decembro de 2021, na concentración mensual da Plataforma na Praza do Obradoiro, a Concelleira responsable de Políticas Sociais, Mila Castro, nos comunicase que na primeira quincena de xaneiro se constituirá o Consello Municipal das Persoas Maiores.

    Este órgano, que formaba parte do Regulamente de participación cidadá do Concello de Santiago de Compostela, aprobado en 1998, constitúese agora como un órgano autónomo de participación sectorial, con carácter consultivo e asesor nas materias relacionadas coas persoas maiores. A súa creación foi aprobada no pleno do 14 de outubro de 2019 por unha moción impulsada pola Plataforma de Pensionistas de Compostela e presentada por todos os grupos municipais.

    Dende o pasado mes de marzo, varias organizacións implicadas na defensa do benestar e na atención das persoas maiores de Santiago de Compostela constituímos un grupo de traballo coa finalidade de participar máis eficazmente no futuro Consello Municipal de Persoas Maiores. O 7 de outubro de 2021 aprobouse o seu regulamento de funcionamento interno e, á espera de que transcorrera o prazo previsto na Lei reguladora das bases do réxime local, e despois de diversos contactos co Concello de Santiago, recibimos con satisfacción a nova da súa inmediata constitución.

    O poder en xeral tende a neutralizar calquera participación que resulte esixente e, por tanto, incómoda; a non ser que se exerza desde fondas conviccións democráticas. A cidadanía tamén tende a delegar porque participar, alén de votar a nosa representación política, esixe esforzo e, tamén, fondas conviccións democráticas. A nosa vontade e compromiso está en participar activamente neste Consello Municipal de Persoas Maiores e, para iso, pedimos a colaboración.

    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.