Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Constela considera de “hooligan” as declaracións de Sindo Guinarte e pide explicacións ao alcalde

santiago. O voceiro Popular, José Antonio Constenla, suxírelle ao concelleiro e portavoz socialista Sindo Guinarte, que se informe ben do que esta a facer o seu Grupo, antes de saír a defender como un “hooligan” as situacións “irregulares que se están coñecendo nos últimos días”. Constenla subliña que mentres os membros do Goberno saen facendo declaracións que “rozan o ridículo e faltan á verdade”, o Partido Popular, da man de Borja Verea, “preocúpase de traballar polo futuro de Santiago e por dar a coñecer propostas que melloran a calidade de vida da veciñanza compostelá e que situarán á capital de Galicia no posto que merece”. Así mesmo, o voceiro Popular aconsella ao concelleiro Guinarte que medite as súas declaracións, sobre todo, tendo en conta que hai un par de días saíu en todos os medios de comunicación a defender, con falsedades, unha situación que “como se está a demostrar é como pouco irregular”.

Constenla tamén lle reitera ao alcalde que aclare de forma inmediata todas as incógnitas que aínda existen sobre o aluguer dun inmoble a membros do PSOE, por parte do ex concelleiro de Medio Rural, Xosé Manuel Pichel. Lembra que “o Goberno socialista deberá aclarar cuestións que a día de hoxe non teñen resposta e que apuntan directamente ao alcalde, como se houbo ou non enriquecemento persoal, xa que hai que saber que valor tiñan as participacións de Pichel en Desproi S.L; cando se desfixo delas, se o fixo; a quen lle foron outorgadas e por canto. Ademais de por que a Concellería de Parques e Xardíns, da que é titular Mila Castro, propuxo esta instalación sen concurso público. Quen llo indicou, quen as validou; e se non había outras oficinas en toda a cidade”. Tamén considera necesario aclarar “que vai pasar con este contrato, que ata o de agora xa encheu os petos dos amigos do Goberno socialista, pero que segue en vigor, polo que a cantidade recadada neste momento se verá multiplicada co paso dos meses”. redacción

23 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito