Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Contrato de conservación e mantemento de viarios no rural por un millón de euros

LICITACIÓN. A Xunta de Goberno aprobou a licitación do contrato para o “servizo para a execución de diversas operacións de conservación, mantemento e reparación de pavimentos e drenaxes nos viarios e espazos públicos municipais do medio rural do termo municipal de Santiago de Compostela (2023-2025)”. Os licitadores teñen de prazo ata o 24 de febreiro para presentar ofertas. O Concello de Santiago vén desenvolvendo ao longo dos últimos anos o mantemento dos pavimentos dos viarios e espazos públicos da súa titularidade mediante contratos de servizo de ámbito integral que facilitan a axilidade na resposta á veciñanza e que finalizan o 27 de febreiro.

O contrato ten por obxecto a execución das operacións de conservación, mantemento, reparación e reforma dos pavimentos e drenaxes necesarias nos viarios e espazos públicos análogos de titularidade ou de xestión municipal e aqueles que poidan ser construídos ou recibidos ao longo da duración do contrato (rúas, estradas, pistas, camiños de servizo para a explotación económica primaria, agrícola, gandeira, silvícola, mineira, etc. da estrutura parcelaria, carreiros naturais, sendas peonís ou ciclistas, campos de festa, etc.) que non estean vinculados a parques, a zonas verdes ou a áreas deportivas. ECG

06 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito