Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Corte de tráfico en Rosalía de Castro por unhas obras

Santiago. O próximo domingo, 13 de febreiro, quedará cortada ao tráfico a rúa Rosalía de Castro, por mor da instalación na vía pública, á altura do número 88, dun guindastre móbil e dun camión para levar a cabo obras de ampliación e reforma dunha edificación. Cortarase totalmente o tráfico no sentido de saída da cidade e desviarase a circulación cara á praza de Vigo-Avenida de Vilagarcía- Romero Donallo, tal e como informa o Concello de Santiago nun comunicado que fixo onte público.

Os peóns poderán utilizar a beirarrúa da marxe esquerda en sentido saída da cidade. O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar. ECG

10 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito