Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cortes de tráfico na rúa Benéfica de Conxo e na SC-20 polas obras do plan de mellora do Camiño

    AVISOS. No marco das obras do Camiño na zona de Conxo, e co fin de acometer as obras pendentes na rúa Benéfica de Conxo, entre a nova rotonda de Televés e o Campo de Conxo, na xornada de hoxe levarase a cabo o corte total desta zona ao tránsito de vehículos. Permanecerá pechada polo prazo dun mes, aínda que a duración estará supeditada ás condicións meteorolóxicas. Os vehículos con orixe ou destino na rúa da Fervenza desviaranse polas instalación do Sergas ata ou dende a rúa Ramón Baltar, e aqueles coches que procedan de Santa Marta a través da rúa Travesía de Conxo de Abaixo non poderán acceder á rúa Benéfica do Conxo. O desvío estará sinalizado na intersección da Travesía de Conxo de Abaixo e a Travesía de Conxo de Arriba. Por outra banda, os vehículos que circulan pola Benéfica de Conxo en sentido Campo de Conxo deberán cambiar de sentido na nova rotonda de Televés, tal e como se está facendo na actualidade. Ademais, a afección máis importante prodúcese no acceso ao Campo de Conxo dende a rotonda da SC-20. Só se permitirá o acceso a residentes, cargas e descarga e servizos imprescindibles. Así pois, as obras incluidas no plan de mellora e integración paisaxística da entrada do Camiño Portugués na cidade encaran xa o tramo final A actuación máis importante é a construción, no Campo de Conxo, dun “pequeno Obradoiro”, tal e como foi bautizado pola Consellería de Infraestruturas.

    Igualmente, tamén por mor dos traballos de acondicionamento da Ruta Xacobea, neste caso ao seu paso sobre a rotonda da SC-20, entre Tangueiro e San Lázaro, está previsto o corte da SC-20 as noites de hoxe a mañá, de mañá o mércores e do mércores ao xoves, día 28, en horario de 22.00 a 6.00 horas. O corte será en ambos sentidos de circulación e o desvío efectuarase subindo o tráfico da SC-20 á rotonda para que logo poidan incorporarse de novo.

    25 ene 2021 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito