Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Cultura no Camiño’ intensifica a súa aposta polo circuíto de espectáculos escénico-musicais

PROGRAMA. A Xunta reformula as bases das subvencións do programa Cultura no Camiño 2020 para ofrecer do 15 de xullo ao 15 de outubro unha versión ampliada deste circuíto de espectáculos escénico-musicais, ao abeiro do plan autonómico de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos da covid-19. Así se recolle na resolución publicada onte no Diario Oficial de Galicia, segundo a que a dotación que a Consellería de Cultura e Turismo destina á oitava edición desta iniciativa aumenta en máis do triplo, pasando de 230.000 a 750.000 euros, ademais de se estender a todos os concellos de Galicia interesados en participar. Estas novas bases veñen substituír as que foran publicadas o pasado 28 de febreiro e que, como en anteriores edicións, se circunscribían aos municipios situados ao longo do Camiño. O obxectivo desta modificación é reforzar os obxectivos fundacionais do programa, que pasa a denominarse Cultura no Camiño+, impulsado tanto a contratación dos espectáculos producidos de xeito profesional en Galicia como a dinamización cultural das localidades nas que se leva a cabo, con concertos e montaxes de moi variados xéneros e formatos. Como en anos anteriores, Cultura e Turismo desenvolve esta iniciativa a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia, ademais de volver contar coa colaboración de Gadis como empresa patrocinadora. Mediante esta nova convocatoria, a Administración autonómica incrementa do 50 % ao 80 % a súa achega ao financiamento das actuacións de teatro, danza, música, novo circo ou maxia contratadas por concellos pequenos (menos de 20.000 habitantes) ao abeiro de Cultura no Camiño+, porcentaxe que se eleva do 40 % ao 60 % para o resto dos municipios. O período de solicitude para as entidades locais estará aberto desde mañá e ata o 10 de agosto na sede electrónica da Xunta e as axudas serán outorgadas por orde cronolóxica da solicitude. redac.

08 jul 2020 / 22:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito