Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 24 junio 2021
10:07
h

Cumbre no CHUS dos maiores especialistas en Endocrinoloxía Pediátrica co seu congreso anual

saúde. A Unidade de Endocrinoloxía Pediátrica da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza organiza o 43 Congreso da Especialidade que reúne telemáticamente a máis de 550 persoas inscritas procedentes de España e Latino América. Onte arrancou coa participación, dende o Hospital Clínico Universitario, do conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, da xerente da área sanitaria compostelá, Eloína Núñez, do decano da facultade de Medicina da USC, Julián Álvarez, do xefe do servizo de Pediatría, Federico Martinón, da presidenta da Sociedad Española de Endocrinoloxía Pediátrica (SEEP), Itxaso Rica, e o responsable da Unidade compostelá e presidente do comité organizador, Jesús Barreiro. A actividade científica deste 43 congreso será difundida por 13 líderes nacionais e internacionais nas súas respectivas áreas de coñecemento como o crecemento, pubertade, diagnóstico e tratamento da talla alta, hiperplasia suprarrenal, indicacións terapéuticas e avances no coñecemento e manexo da diabetes e complicacións derivadas. Tamén haberá catro sesións con expertos que abordarán temas como a diabetes insípida, nanotecnoloxía, diagnóstico e tratamento da dislipemías e o papel da epixenómica na endocrinoloxía e nutrición. Ademais presentáronse máis de 200 comunicacións e 13 simposios satélites. En palabras do presidente do comité organizador, Jesús Barreiro, “o obxectivo deste congreso que organizamos dende Unidade de Endocrinoloxía Pediátrica da Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza é por de manifesto o dinamismo da SEEP. Polo tanto escollimos como lema do congreso Camiñando xuntos, que pretende reflectir a travesía que a endocrinoloxía pediátrica ten seguido no noso país como área de coñecemento específica dentro da pediatría, cun pasado espléndido, un presente prometedor e un futuro seguro que brillante”. ecg

10 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito