Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Cumbre’ socialista para afrontar a recta final deste mandato

O grupo de goberno asegura que se volcará coas inversións ligadas ós fondos europeos

Onte reuníuse no Pazo de Raxoi o goberno local ao completo para fixar a axenda de cara aos últimos meses de mandato, co obxectivo principal de “darlle un impulso ás inversións que dependen dos fondos europeos, reforzar o traballo na liña de promoción económica e de cidade e darlle continuidade ao esforzo en materia de sostibilidade da cidade que se vén facendo nos últimos meses co novo contrato de recollida de lixo e o novo sistema no casco histórico”. Na reunión participou xa Begoña Rodríguez, que se incorporará ao equipo de goberno de xeito inmediato.

O rural e os barrios estarán entre as prioridades nos próximos meses, “sobre todo en materia de inversións, moitas delas xa en execución e outras comprometidas e nas que seguimos dando pasos para obter fondos, como o caso da reurbanización do Restollal ou a de Meixonfrío” ou “a conexión dos barrios de Conxo e Fontiñas” explicou o portavoz do grupo.

Guinarte recalcou que o rural, logo de ter asinado o Pacto polo Rural, deberá ser un dos piares fundamentais no desenvolvemento do “modelo de cidade que temos e no que estamos a traballar” con melloras nos servizos e infraestruturas, “por exemplo, as sendas de Villestro e Figueiras que serán dentro de moi pouco unha realidade”.

Sindo Guinarte destacou que é Compostela o concello no que máis se invirte por habitante e, asegura “esa seguirá sendo a dinámica, porque o noso é o goberno das persoas, non é un slogan, é a realidade e ós feitos me remito”.

Tamén se seguirán dando pasos en materia de administración electrónica, “facilitando máis aínda as relación da cidadanía co Concello” e potenciarase o “papel dos Centros Socioculturais como lugar de encontro e elemento característico da nosa cidade”.

O 2023 servirá tamén para “amosar o potencial da nosa cidade como capital de Galicia, co aeroporto que concentra a maior cota de mercado aeroportuario da comunidade e cunha estación de tren que non deixa de medrar” destacou Guinarte.

A intermodal, o enlace Orbital da AP-9, o Orbitaliño e a EDAR “están en marcha como prioridades que marcamos neste mandato”, e “o crecemento industrial dos nosos polígonos é evidente e obríganos a traballar xa na súa ampliación” explicou o terceiro tenente de alcalde.

22 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito