Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

De Roncesvalles a Santiago de Compostela: un escultor en el Camino

Primeira incursión do artista Maxín Xulio Picallo no mundo da escrita

O vindeiro sábado 23 de abril, ás 12:30 horas, na Casa da Cultura Roberto Blanco Torres do concello de Cuntis, presentarase a obra De Roncesvalles a Santiago de Compostela: un escultor en el Camino, obra do artista Maxín Xulio Picallo Durán, nado en Troáns (Cuntis). Ademais do propio autor, participan neste acto a filóloga Maka Arca Camba; o prologuista do libro, Xesús Antonio Gulías Lamas; o escultor Francisco Remiseiro (natural do concello de Barro e con esculturas tamén distribuídas por moitos recunchos do mundo); o escritor e xornalista Fernando Salgado; e o alcalde do Concello de Cuntis, Manuel Campos Velay.

Alumno outrora de Francisco Asorey e Xoán Piñeiro, esta é a primeira incursión do autor no mundo da escrita, pois Maxín ten dedicado a súa vida ás artes plásticas, acadando unha sobresaliente reputación. Velaí que as súas pezas escultóricas se distribúan non só por Galicia (A Estrada, A Guarda, Baiona, Cuntis, Forcarei, Lugo, Meira, Nigrán, O Rosal, Oia, Porriño, Tomiño, Tui...), senón tamén por Andalucía, o País Valencià, Arxentina, Brasil, Canadá, Chile, Estados Unidos, Puerto Rico, Suíza...

Na actualidade, Maxín Picallo, asentado dende hai cincuenta anos no concello de Tomiño, compatibiliza a súa vocación artística –no fantástico labor de labrar a pedra– coa modelaxe de textos que recollen inquedanzas vitais, aspectos da súa vida, reflexións, análises artísticas... E neste senso enmárcase o libro que se presentará o vindeiro sábado, pois non deixa de ser un lenzo no que o artista deita as súas reflexións á hora de facer o Camiño de Santiago. A luz, a conversa, as arquitecturas que se abren na paisaxe, os espazos naturais agasallados cando un se entrega á observación, a soidade e a compaña, son aspectos que a visión analítica do escultor intenta cicelar coa plasticidade da palabra.

Busca principalmente la armonía del cuerpo humano

“Su vocación, lejana y montañesa, arranca de los años en que fue pastor y entretenía soledades grabando cruces en las piedras o tallando incipientes artesanías con una navaja. La escultura de Picallo, como los griegos querían que fuese, busca principalmente la armonía del cuerpo humano, plasmando sus modelos con esa sencillez de movimientos y una técnica serena que trae tras sí un esbozo de vida” (Eliseo Alonso)

Obras que falan unha lingua intelixible

“As súas obras teñen vida propia. E falan. Falan unha lingua intelixible; unha lingua que nos leva da man polos camiños do tempo para mostrarnos o vieiro da transcendencia da humanidade. Este é o Picallo da pedra (...) O Picallo escritor (...) tomou igualmente nota, cunha mestría propia dun filósofo das sensacións que lle producían en cada momento as paisaxes, o esforzo cotiá, o cansazo despois de cada etapa, o reencontro con outros peregrinos que o adiantaban” (Xesús Antonio Gulías Lamas)

19 abr 2022 / 12:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.