Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Degustación de produtos galegos e de Portugal na zona da Alameda

    Santiago. A Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico chega esta fin de semana ao Parque da Alameda, coa presenza de 15 produtores de Galicia e Norte de Portugal e dous artesáns de Galicia que promoverán e venderán os seus produtos ata o próximo domingo. O alcalde de Santiago asitiu onte no emblemático parque compostelán ao acto de inauguración que tamén contou coa presenza do alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García; o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao; así como outros membros da Corporación municipal.

    Todos os produtos que se poderán atopar na feira son de marcado carácter tradicional, teñen unha alta calidade e contan con garantía de orixe, e poderán degustarse e mercarse en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 h durante os días da feira. Se poderán degustar mel ecolóxica do Invernadoiro, queixo artesanal da comarca da Limia, aceite de Tras-os-montes, setas shiitake ecolóxicas do Macizo central ourensán, cervexa artesá de Compostela, viño galego do ribeiro ou portugués de Mirandela, marmeladas con selo coruñés elaboradas de forma tradicional ou castañas da Cabeza Grande de Manzaneda. ECG

    02 jul 2022 / 00:23
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito