Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Demandan actuacións de urxencia na zona de Lamas de Abade

Denuncian o mal estado dos accesos
e piden melloras
para o acceso peonil

Santiago. O Grupo Municipal Popular advirte do constante deterioro da zona de Lamas de Abade ante a demora na adopción de medidas para

mellorar a accesibilidade de peóns e vehículos e para reducir os impactos ambientais

ocasionados pola falta de actuacións de ornato e limpeza na propiedade municipal que, a un lado e outro da rúa Divina Pastora, conforman as edificacións e a finca nas que se asente o viveiro municipal.

A mellora dos accesos e a redacción dun Plan de Mobilidade específico para esta zona educativa foi reiterada en diversas ocasións pola totalidade dos grupos municipais presentes na Corporación xa desde o mandato pasado, ao igual que a ordenación, rehabilitación, posta en valor e uso público da finca e edificacións onde se asenta o viveiro municipal, proposta xa en 2017 polo Grupo Popular.

No actual mandato, o Goberno local comprometeuse hai un ano a redactar o Plan de Mobilidade e a executar unhas obras para mellorar a accesibilidade peonil, medidas que aínda non foron concretadas. Con todo, queda por afrontar a mellora do firme das rúas da zona e limpeza e rehabilitación da finca do viveiro, esta última tamén comprometida polo Goberno a finais do pasado ano. Mentres se demoran as actuacións demandadas e comprometidas, continúan a incrementarse as evidencias do deterioro do firme, as dificultades para o tránsito e o abandono dos labores de conservación e rehabilitación, chegando ao punto de que no tellado da capela da Divina Pastora -que lle dá nome á rúa que discorre diante da súa fachada e que se integra na finca do viveiro municipal- medra vizoso un piñeiro, mentres a maleza e os arbustos ocultan a porta principal. s. cuiña

18 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito