Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Destacan a calidade dos gañadores nos Premios Minerva

O xurado homenaxeou ó recentemente falecido Manuel Quintáns Súarez, profesor do centro

O xurado dos Premios Literarios Minerva, organizados polo Colexio M. Peleteiro, reuniuse para ditar o fallo da edición número corenta e nove dos recoñecidos galardóns. No acto de constitución do xurado rendéuselle unha sinxela homenaxe ao recentemente falecido Manuel Quintáns Suárez, que fora membro permanente do xurado, profesor do colexio Peleteiro, do instituto Eduardo Pondal e colaborador do centro Ramón Piñeiro. Os alumnos de 3º, 4º de ESO, Bacharelato e Formación Profesional de Galicia tiveron a oportunidade de presentar os seus textos coa condición de que foran orixinais, inéditos e en galego. O xurado destacou a calidade das obras. En concreto, na modalidade de narración resultaron 28 traballos finalistas e na de poesía, 15. ➢ Na primeira categoría gañou Carmen González Fernández, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do Fraga do Eume de Pontedeume, por Teatro de fume. O segundo posto foi para Noelia Fernández Romero, de 16 anos, estudante de 1º de Bacharelato do Félix Muriel de Rianxo, pola súa obra Quén vive no 4ªB? O terceiro lugar recaeu en Mariña Maceiras Segovia, de 16 anos, alumna de 4º de ESO do Sánchez Cantón de Pontevedra, por Verde esperanza.

Houbo tres accésits. Un para Candela Graña Valladores, de 14 anos, de 3º de ESO do María Soliño de Cangas, por Lúa Chea; outro para Alba Guzmán Falcón, de 17 anos, que cursa 2º de Bacharelato no Eduardo Blanco Amor de Ourense, por Azul e outro para Katia Tojo Soto, de 17 anos, de 2ª de Bacharelato do Colexio M. Peleteiro, por Harmonía tou kosmou. Na➢categoría de poesía gañou Iria Pérez Álvarez, 2º de Bacharelato no IES Plurilingüe de Ames, por Triloxía utópica cuarentenaica. O segundo premio foi para➢ Paula Tubío Calvo, de 17 anos, de 2º de Bacharelato do Félix Muriel de Rianxo, por Historias inéditas. E o terceiro posto foi para Candela Martínez Ferro, de 16 anos, de 1º de Bacharelato no Lamas de Abade, polo seu poema Chuvia de luz. Tamén houbo tres accésits para Alfredo José Fernández Marques, de 15 anos de 4º de ESO do Sánchez Cantón de Pontevedra, por Bicos e carreiras nas escaleiras do Teatro Real; Alba Comojo Díaz, de 19 anos, de 2º de Bacharelato do Félix Muriel de Rianxo, por Gaivota/Tic Tac/Obsesións e Irea Pérez Iglesias, de 17 anos, de 2º de FP do Primeiro de Marzo de Baiona, por Sinag. O acto de entrega será o 14 de abril.

20 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito