Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dous recursos novos sobre a igualdade para os centros, con COMPigual

Receitas educativas e un xogo inclúense no programa, impulsado dende o Concello

Santiago. A concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, presentou onte pola mañá en rolda de prensa as dúas novas accións da campaña COMPigual: unha guía dixital de recursos coeducativos e un xogo virtual para traballar a educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero. Na presentación tamén estiveron Rosa Torrado, coordinadora xeral do programa e directora de Retnova Proxectiva Consulting, S.L, empresa adxudicataria do proxecto, e parte do seu equipo.

A Guía dixital de recursos didácticos para a igualdade: receitas coeducativas é unha ferramenta deseñada para docentes de educación infantil, primaria, secundaria e formación profesional. Trátase dunha guía didáctica con ideas, suxestións e técnicas que permiten e facilitan a sensibilización, a reflexión e a promoción da igualdade de oportunidade na educación. Esta guía inclúe máis de 60 fichas de actividades (receitas) adaptadas ás diferentes etapas educativas que conteñen recursos atractivos e motivadores para levar a cabo nas aulas.

Ademais, ofrece unha variedade de recursos (xogos, guías, música, películas etc.) para motivar ao profesorado a deseñar as súas propias actividades desde unha perspectiva igualitaria, non discriminatoria e superadora dos estereotipos nesgados polo xénero. A guía estará dispoñible na páxina web do CIM (Centro de Información ás Mulleres) de Santiago e será enviada aos centros educativos que participan en COMPigual. d.seijas

20 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito