Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Banda de Música: case dous séculos de historia nunha exposición

A Casa do Cabido acolle a partir deste xoves unha mostra que profunda nos segredos dunha das formacións musicais máis antigas do panorama nacional

A Casa do Cabido, na praza das Praterías, vai acoller a exposición A Banda Municipal de Santiago. 170 aniversario, que fai un percorrido pola historia da agrupación, dende as súas orixes ata a actualidade. A mostra inaugúrase este xoves 20 de setembro, ás 11:30 horas. Ademais de representantes municipales, ao acto asistirán a comisaria da exposición, a musicóloga Beatriz Cancela Montes; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; e o responsable de Exposicións do organismo interadministrativo, Juan Conde.

Antes do inicio do acto de inauguración da mostra, a Banda Municipal tocará unhas pezas na Praza de Praterías, diante da Casa do Cabido, a partir das 11:30 horas.

A Banda Municipal de Santiago é unha das máis antigas do panorama nacional e, logo de preto de dous séculos de vida, atópase entre as poucas que perduran dende o seu nacemento ata os nosos días. Esta mostra parte do traballo de investigación de Beatriz Cancela, cuxa tese de doutoramento culminou no libro La Banda Municipal de Santiago. Música en las compostelanas rúas desde 1848, editado polo Consorcio de Santiago e Andavira Editora e que se presentaba o ano pasado na cidade.

19 sep 2018 / 12:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito