El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

Hernández felicita unha veciña de Fontiñas con motivo do seu 100 aniversario

A homenaxeada mantivo co alcalde de Santiago unha amena charla na que compartiu lembranzas da súa vida

Dorinda, acompañada da súa filla, conversa co alcalde e coa concelleira - FOTO: cds
Dorinda, acompañada da súa filla, conversa co alcalde e coa concelleira - FOTO: cds

CDS  | 31.10.2014 
A- A+

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, felicitou a Dorinda Pedreira Santiso, veciña de Santiago, con motivo do seu 100 aniversario O rexedor compostelán visitou á Dorinda no seu domicilio, no barrio de Fontiñas.

A homenaxeada mantivo con Hernández unha amena charla na que compartiu lembranzas da súa vida. Pola súa banda, o alcalde, que acudiu acompañado da concelleira de Servizos Sociais, María Corral, trasladoulle os parabéns de todos os composteláns.