Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Un cedro do xardín do Parlamento, no catálogo de Árbores Senlleiras

Mide 21 metros de altura e o tronco ten case cinco de perímetro

Santiago. Un cedro atlántico do xardín do Parlamento de Galicia é a últtima incorporación ao Catálogo Galego de Árbores Senlleiras. O exemplar, situado nun extremo da parcela, na fachada principal do Pazo do Hórreo, ten unha altura de 21 metros, un perímetro de 4,40 e un diámetro na copa que chega aos 25 metros. No xardín do Parlamento galego está acompañado por outros especimes da mesma especie, aínda que de menor porte e idade. A Dirección Xeral de Conservación da Natureza, que fixo onte pública a resolución pola que se inclúe no catálogo, valora tanto as súas características morfolóxicas como a súa importancia histórica e cultural, xa que forma parte dun xardín centenario con outras especies de interese, como alciprestes de Lawson, pitósporos da China ou palmeiras canarias.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

01 oct 2015 / 22:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito