Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As Letras de Compostela | Alfonso Zarauza: “Estase a facer un cine moi valorado no exterior”

Andrea Oca (texto) e Sabela Freire (vídeo). Inmerso no proceso de gravación da súa nova película, Malencolía, o cineasta compostelán Alfonso Zarauza dá o salto o cine de terror. Convencido de que a liberdade de creación lle permite contar historias dunha forma que non soe entrar no circuíto comercial, non está disposto a renunciar a ese saber facer tan seu. “Malencolía trata sobre o estado de estar felizmente triste. A malencolía dun lugar, do tempo, dunha persoa. Unha historia que trata o xénero a través do medo e do terror. É o cine que me gustaría ver como espectador”, explica este picheleiro, veciño de San Pedro. Destaca o bo momento que vive o cine en galego, moi valorado no exterior, e a proxección que pode ter pese a estar nunha lingua minoritaria en canto a falantes mundiais.

“Ás veces poñémonos autolimitacións pensando que non se pode chegar a outros públicos. Os produtos bos son bos en calquera lingua. Que che pregunten en Brasil ou en Francia que está pasando co cinema galego aquí non se valora o suficiente, pero ten unha importancia que non é sinxela de conseguir”, insiste.

Elixido pola Cinemateca Uruguaya para protagonizar unha retrospectiva sobre a súa obra, Zarauza comezou cun cine moi local que xa conseguir levar a festivais de todo o mundo. Todo cunha firme aposta polo idioma común e por dar espazo aos actores e actrices da industria galega. Para finalizar, pide protección e estímulos para a lingua propia.

15 may 2021 / 00:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.