Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Falece aos 98 anos o teólogo e musicólogo Xosé López Calo

Foi un dos promotores da reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela

SANTIAGO. Faleceu este domingo en Salamanca o teólogo e musicólogo Pai Xosé López Calo, escritor e investigador, unha persoa moi querida e de enorme prestixio. Era especialista en música medieval, renacentista e barroca española e recuperou moitas partituras de arquivos que estaban esquecidos en catedrais co fin de dalas de novo á luz da imprenta. É considerado como un dos promotores da reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela, e foi recoñecido cun dos Premios Gallegos del Año de El Correo Gallego. O Pai Calo tiña 98 anos de idade (64 de sacerdote e 77 de Compañía) e nacera en Nebra-Porto do Son (A Coruña) no ano 1922. Ingresou na Compañía en 1942 e foi ordeado en Carrión de los Condes (Palencia) en 1955. Fixo os últimos votos en Roma en 1958. Entre os seus traballos destacan, entre outros, os realizados nas catedrais de Valladolid, Burgos e Santiago, de onde rescatou miles e miles de composicións musicais. Tamén resalta o seu labor para a descrición dos instrumentos musicais de San Martiño de Noia, a reconstrución dos do Pórtico da Gloria e a creación dos Xoves Musicais (xa desaparecidos) no seo da Universidade de Santiago. O Pai Calo estudou no Seminario de Santiago de Compostela e na Compañía de Xesús, onde ingresou en 1942. Licenciouse en Filosofía (Universidade de Comillas), Teoloxía (Universidade de Granada) e doutorouse en Filosofía e Letras por esta última universidade e mais pola Universidade de Santiago de Compostela. Estudou Musicoloxía na Escola Superior de Música Sagra de Madrid e no Instituto Pontificio de Música Sagrada de Roma, onde tivo como profesor principal ao musicólogo Higinio Anglés e onde se doutorou en 1962 coa tese “A Música na catedral de Granada no século XVI”.

Fixo noviciado en Salamanca, estivo en Xapón, onde estudou a lingua dese país e realizou maxisterio en Hiroshima, pasou por Dublín e Roma (Pontificio Instituto Bíblico: estuda no Pontificio Instituto de Música Sagrada (57-63); foi secretario xeral da Sociedad Internacional de Música Sagrada (63-68); asesor musical de Radio Vaticana; profesor de Música (63-70); vicerreitor do Pontificio Instituto de Música Sagrada entre 1967 e 1970. En Santiago de Compostela foi, entre 1974 e 2016, profesor de Historia de la Música na Universidad Civil (74-96), director do Centro de Investigación de Música Religiosa Española (88-16) ou profesor emérito de Historia da Música (96-16).

Foi Profesor de Musicoloxía entre 1965 e 1970 e vicerreitor do Instituto Pontificio de Música Sagrada de Roma entre 1967 e 1970, así como Secretario xeral da Sociedade Internacional de Música Sagra (1963-1968) e asesor musical da Radio Vaticana (1963-1970). Dende 1973 exerceu como profesor agregado, e despois catedrático de Historia da Música na Universidade de Santiago de Compostela, que, á súa xubilación, o nomeou catedrático emérito. Escribiu máis de sesenta libros e uns 300 artigos nas principais revistas, enciclopedias e dicionarios de música do mundo, entre os que cómpre salientar o alemán “Die Musik in Geschichte und Gegenwart” e o “The New Grove Dictionary of Music and Musicians”, para o cal escribiu máis de 200 voces sobre música e músicos españois, mais tamén na Encyclopédie des Musiques Sacrées ou na Storia dell’Opera. Tamén traballou especialmente na catalogación de música manuscrita española entre 1575 e 1825 para o Repertoire International des Sources Musicales.

10 may 2020 / 12:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito