Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Os recursos hídricos son básicos para a vida cotiá e o progreso // Viaqua propuxo un Pacto Social para garantir o acceso á auga aos máis vulnerables e unha recuperación verde TEXTO C. Lamela

Garantía de futuro para as persoas e o planeta

O futuro do planeta depende do líquido máis prezado para a vida: a auga. É o elemento que distingue á Terra, o que nos fai únicos, por iso, o futuro da humanidade depende deste recurso natural insubstituíble, xa que no 2050 seremos 10.000 millóns de persoas e a súa demanda aumentará entre un 20 e un 30 %.

A dispoñibilidade de recursos hídricos atópase gravemente ameazada polo impacto do cambio climático, sendo España o país da UE máis vulnerable e o que sofre unha maior tensión hídrica, segundo a Axencia Europea do Medio Ambiente, polo que mitigar os efectos do quecemento global é urxente.

Os recursos hídricos fan sostibles todas as actividades que xeran riqueza e, sobre todo, son un factor chave para as cidades e as súas contornas, onde se estima que vivirá o 75 % da poboación mundial en 2050.

Agora, para a reconstrución verde, a auga volverá xogar un papel transversal vital, para garantir os novos desenvolvementos industriais máis ecolóxicos, tecnolóxicos e dixitais.

recuperación inclusiva. Viaqua, que ten no seu ADN a xestión responsable da auga e pon ás persoas no centro da súa estratexia, tomou a iniciativa ante os retos derivados da actual crise sanitaria. A empresa propuxo alcanzar un Pacto Social que garanta unha recuperación económica sostible e equitativa, de acordo coa Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas. Trátase de garantir sempre o acceso a estes recursos aos colectivos vulnerables e impulsar unha recuperación ‘verde’ que chegue a todos, sen deixar a ninguén atrás. Esta reactivación, baseada na colaboración público-privada e no emprego de calidade, aproveita os fondos europeos Next Generation para realizar investimentos estratéxicos.

Á vangarda na detección do virus. Nesta loita contra a crise sanitaria, Viaqua colaborou coa Xunta, Augas de Galicia e a USC en diferentes proxectos de I+D+i. O obxectivo dos mesmos é o seguimento da incidencia da COVID-19 en concellos como Ourense, Viveiro e Santiago, a través da súa detección en augas residuais urbanas.

SUEZ España, grupo ao que pertence Viaqua, foi un paso máis aló, desenvolvendo en tempo récord a solución integral COVID-19 City Sentinel, un sistema integral de alerta epidemiolóxica para a detección temperá do virus nas augas residuais. Esta innovadora solución, que inclúe a detección da nova cepa británica, está implantada xa no municipio de Betanzos e en máis dun centenar de territorios nacionais, o que permite facer o seguimento a máis de trece millóns de habitantes.

O futuro. Os grandes retos aos que se enfronta a sociedade actual, como a loita contra a emerxencia climática ou a actual crise sanitaria, son máis fáciles de superar co apoio da tecnoloxía e as ferramentas dixitais. A captación e análise de datos, a xestión baseada nestes, as medicións intelixentes ou a aplicación de algoritmos e modelos de intelixencia artificial son instrumentos que impulsa Viaqua na súa aposta pola innovación e a dixitalización, permitindo transformar por completo a xestión urbana do ciclo da auga, sendo máis eficiente e respectuosa co medio ambiente. Entre outras accións, a empresa leva a cabo, de forma continua, medidas dirixidas a reducir as perdas por fugas na rede de abastecemento, utilizando para iso os equipos de procura máis avanzados, así como accións para reducir a pegada de carbono, mediante o uso de aplicacións que optimizan os procesos propios da súa xestión.

Segundo a ONU, a auga ten impacto para toda a sociedade: como fonte natural primordial, a través das infraestruturas hidráulicas e do papel que supón no desenvolvemento dos servizos esenciais −como a saúde−, a actividade económica, así como a súa achega sociocultural. En definitiva, a auga é un ben esencial para todos, e para todo, que debemos coidar no presente e protexer para o futuro.

22 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito