Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 11 julio 2020
11:26
h

Gonzacar, concesionario protexido fronte ao coronavirus

A rede de concesionarios Ford na provincia da Coruña, representada por Gonzacar, vén de obter o selo que garante que todas as súas instalacións están protexidas fronte á ameaza do coronavirus covid-19. Esta certificación, promovida por Faconauto, a patronal das concesións de vehículos en España, e validade e auditada por TÜV SÜD, prestixiosa empresa provedora de ensaios, certificacións, inspeccións, formación e consultoría con máis de 50 anos de historia, supón un plus de seguridade e saúde tanto para os seus clientes e clientas como para os seus empregados e empregadas.

Desta maneira, Gonzacar, empresa fundada en Santiago de Compostela no ano 1993 e que conta con instalacións na Coruña, Ferrol e Ribeira, ademais da súa central na propia capital de Galicia, adhírese ao protocolo de proteccion e prevención fronte ao coronavirus establecido para as instalacións de venda e servizos técnicos de vehículos para todo o Estado.

A maiores das correspondentes medidas de protección e hixiene implementadas nas súas instalacións, Gonzacar retoma a súa plena actividade empregando a cita previa como premisa indispensable para formalizar a atención dos seus clientes e abrindo, como gran novidade da súa volta á normalidade, un concesionario virtual que permite acceder a todos os seus servizos comodamente, rapidamente e con seguridade.

01 jun 2020 / 13:05
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito