Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Grupos de ata 4 persoas e prezos por zonas: así serán as entradas para O Son do Camiño-Perseidas

Poranse á venda este venres ás 10 da mañá na web do festival, e son nominativas con todos os datos de identificación// Desde 33 € a máis barata, e desde 53 a máis cara // Cada día de concertos terá unha entrada independente

As entradas para O son do Camiño-Perseidas sairán á venda o venres ás 10 da mañá só na páxina web do festival; polo que en cumprimento dos protocolos COVID non haberá venda de entradas no recinto. A venda online estará dispoñible ata 30 minutos despois do inicio do concerto, e os prezos abarcan desde 33 € a entrada máis barata, e desde 53 a máis cara. Cada día de concertos terá unha entrada independente polo que, a falta de máis detalles, no caso de xornadas con varios artistas mercarase unha entrada conxunta.

Grupos de ata 4 persoas e prezos por zonas: así serán as entradas para O Son do Camiño-Perseidas

Os asistentes poderán desfrutar das actuacións sentados en grupos de 1, 2 ou 4 persoas. A organización especifica que “os grupos afíns poderanse situar preto”. Cada unha das zonas do recinto contará cun prezo diferente, e o auditorio do Monte do Gozo estará dividido en espazos denominados Trinidade e Camiño Francés -os máis afastados do escenario-, Faxeira e Algalia -intermedios-, Mazarelos -diante- e Premium -primeiras filas-. As entradas son nominativas e requiriranse os datos necesarios para cada unha delas.

O primeiro festival alternativo á edición oficial do Son do Camiño, adiado por segundo ano consecutivo por mor da pandemia, coincidirá coas festas do Apóstolo e celebrarase a modo de ciclo de concertos no festival Monte do Gozo. Desde o 14 de xullo ao 8 de agosto deste 2021, traerá a Compostela a unha vintena de artistas nacionais, na súa maioría. Entre os cabezas de cartel están o galego Xoel López, unha das voces oficiais deste Xacobeo, así como o artista Raphael, o grupo indie Vetusta Morla ou o violinista Ara Malikian.

Esta edición tamén contará con máis artistas galegos como as cantantes Guadi Galego e Sabela, que acadou a cuarta posición en Operación Triunfo 2018; a banda pontevedresa de rock Furious Monkey House, o cantautor ferrolán Andrés Suárez e Pablo Lesuit. Rozalén, Camilo, Beret, Estopa, Melendi, Maren, David Rees e Loquillo completarán o cartel nacional.

09 jun 2021 / 15:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.