Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Hostalaría insta ao alcalde a cumprir coa flexibilización prometida da reorganización do espazo de terrazas

totalidade dos locais en Compostela

Santiago de Compostela. A Asociación Hostalaría Compostela lamenta que a situación que atravesa o sector en Santiago se estea a volver insostible. Nas reunións mantidas ata o de agora da comisión formada por membros da Xunta Directiva e os concelleiros de Urbanismo, Mercedes Rosón, e Turismo, Sindo Guinarte, asegurouse que se produciría unha flexibilización da actual normativa das terrazas para poder reorganizar os espazos de xeito que, mantendo a distancia de seguridade exixida entre as mesas, fora posible cubrir o 50% de aforo permitido. Pero a realidade é moi distinta. “Atopámonos cunha interpretación restritiva da norma que imposibilita a colocación de ningunha mesa”, sinalan na entidade.


Así, segundo o Decreto de alcaldía aprobado o 8 de maio de 2020 no que se autoriza o incremento da ocupación do dominio público con mesas e cadeiras dos locais de hostalaría, indícase que non só se deben manter os 2 metros de distancia de seguridade por mor do Covid-19, senón tamén outros 2 metros máis para os pasos de tránsito peonil. Iso suma un total de 4 metros, unha distancia que fai totalmente inviable economicamente a apertura na práctica totalidade dos establecementos composteláns, que se afrontan ademais a expedientes con

sancións de ata 6.000 euros de non cumprir coa norma.

Hostalaría Compostela solicita diálogo co alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, para poder dar unha solución a esta problemática na maior brevidade posible.


A nosa asociación entende que é necesario lograr o equilibrio no espazo público entre as terrazas e a mobilidade dos peóns. Tamén é consciente da importancia do cumprimento das medidas de distanciamento social e hixiene para evitar novos contaxios. A saúde é o primordial, e así o transmitiu aos socios e socias nunha comunicación que enviou onte. Unha carta na que apelaba á responsabilidade individual dos clientes e de todo o sector, así como á solidariedade de todos e todas.

13 may 2020 / 19:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.