Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

Hoxe da comezo o inverno mais curto dos últimos anos

Na noite do 3 ou 4 de xaneiro vaise producir o máximo de choiva de estrelas Cuadrántidas // Mercurio poderá ser observado a simple vista

Hoxe mércores 21 de decembro comezará o inverno boreal ás 22 horas e 48 minutos. A estación vaise prolongar ata o 20 de marzo ás 22 horas e 24 minutos, momento no que se iniciará a primavera.

A estación invernal no hemisferio norte é a de menor duración: 88,98 días, fronte aos 89,86 do outono; 92,75 da primavera e os 93,66 do verán. O inicio do inverno coincide co paso do Sol polo punto Capricornio da Ecliptica ou Solsticio de decembro, producíndose neste intre a mínima declinación solar (-23º 4 con respecto ao Ecuador Celeste) o que ten como consecuencia que teñamos o día máis curto do ano cunha duración de pouco máis de 9 horas na nosa latitude.

Porén, as tardes xa comenzaron a medrar dende o pasado día 7, mentres que as mañás seguirán minguando ata Reis. Isto débese a que a hora oficial está baseada no chamado Sol medio, punto que vai reproducíndo as posicións medias do Sol ao longo do ano dado que este último desprázase aparentemente con velocidade variable.

Na noite do 3 ao 4 de xaneiro vaise producir o máximo da choiva de estrelas Cuadrántidas (con radiante preto da Osa Maior), e neste último día tamén pasará a Terra polo perihelio, mínima distancia ao Sol (147 millóns de km.)

Mercurio vai estar en boas condicións de poder ser observado a simple vista no amencer a finais de xaneiro e comezos de febreiro, en tanto que Venus será visible logo do solpor. Os planetas Marte e Xúpiter pódense contemplar durante boa parte da noite deste inverno, mentres que Saturno poderase localizar logo do solpor ata mediados de febreiro, pasando logo ao amencer.

Nesta nova estación haberá tamén interesantes conxuncións. Así, entre o 23 e o 27 de xaneiro, a Lúa, Saturno, Venus e máis Xúpiter estarán aliñados logo do solpor. O 22 de febreiro, serán a Lúa, venus e Xúpiter quenes se poñan á vez cara o suroeste, e o 2 de marzo a comezo da noite, Venus e Xúpiter estarán nunha conxunción pechada (< 1º).

Non haberá ningunha eclípse neste inverno, porén o cometa C/2022 E3 (ZTF) é posible velo con prismáticos xa este mes desprazándose pola constelación da Serpe cara a Coroa Boreal. A súa magnitude actual aínda é baixa (9.1), pero a medida que se achegue á Terra vai ir gañando brillo e a finais de xaneiro podería ser observado a simple vista na constelación circumpolar de Camelopardalis, culminando a comezos da noite.

Meteoroloxicamente falando, remata un outono chuvioso dende mediados de outubro. A cantidade total de precipitación recollida na estación do Observatorio Astronómico Ramón María Aller nestes últimos tres meses supera os 800 litros/m2, cantidade que remata coa seca acumulada en meses anteriores e que fai que 2022, que ía para un ano moi pouco chuvioso, se convirta prácticamente en normal xa que logo é moi probable que a finais de ano se chegue aos 1.500 l/m2.

Dita cantidade ven a representar en Compostela a marxe inferior da normalidade. De confirmarse superaría, dentro deste século, a sete anos: (de menos a mais) 2007 (1204,4 l/m2), 2011, 2015, 2017, 2004, 2005, e 2012 (1.496,4 l/m2).

21 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.