Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Inaugurado o ano do Centro Dramático Galego, que en 2023 acollerá 90 funcións

santiago. O Centro Dramático Galego iniciou onte a súa programación de 2023 coa primeira das preto de 90 funcións que desenvolverá ata finais de abril en Santiago, tanto na súa sede do Salón Teatro coma no Salón Nobre do Pazo de Fonseca e na Cidade da Cultura. Destacan nesta carteleira a posta en escea de seis das producións propias e coproducións da compañía da Xunta de Galicia, entre as que se inclúen as estreas e temporadas de exhibición dos espectáculos Shakespeare en Roma e Un hotel de primeira sobre o río. Os textos gañadores das dúas primeiras edicións da Bolsa de Dramaturxia e Creación, promovida polo Centro Dramático en colaboración con diferentes colectivos do sector cultural galego, protagonizan o arranque da actividade pública no Salón Teatro. Así, esta mesma tarde organízase xunto á Asociación de Actores e Actrices de Galicia a lectura dramatiza de Bailar no ceo, de Ana Abad de Larriva, por María Roja, Roberto Leal e Cora Velasco baixo a dirección de Gena Baamonde. O venres 13 e o sábado 14 será a quenda para a montaxe de Relato para un incendio, de Ernesto Is, para a que a compañía Aantena contou coa coprodución da Xunta como proxecto resultante da primeira edición da Bolsa. Ambos pases serán ás 20.00 horas, e as entradas poden adquirirse en la web de Ataquilla. V.Álvarez

11 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito