Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Jonathan Cohen coa RFG, xoves no Auditorio de Galicia

CONCERTO. A Real Filharmonía de Galicia ofrece este xoves 26 de xaneiro, ás 20.30 horas no Auditorio de Galicia de Santiago, e o venres 27 de xaneiro ás 20.00 horas no Teatro Afundación de Vigo, un novo concerto do seu programa de abono Escoitar o Mundo que leva por título Paisaxe barroca.

Nesta ocasión, o programa estará dirixido polo director inglés Jonathan Cohen, quen se estrea coa orquestra galega. Cohen dirixirá un programa barroco/clásico, con obras de Vivaldi, Bach, Händel ou Haydn, entre outros.

Concretamente, no evento interpretarase o Concerto para cordas en Sol menor, RV, 156 de Antonio Vivaldi; A arte da fuga, BWV 1080: Contrapunctus I de Johann Sebastian Bach, de quen posteriormente se interpretará o movemento Contrapunctus VII da mesma obra; tamén se interpretará o Concerto grosso en La menor nº4, op. 6 de Johann Sebastian Bach; o Concerto grosso en Mi b maior, op. 7 nº6 “il Pianto D’Arianna” de Pietro Locatelli; o Concerto grosso en Re menor, H. 143 “La Folia” de Francesco Geminiani e rematará coa Sinfonía nº6 en Re maior “Le matin” de Franz Joseph Haydn.

Jonathan Cohen conta cunha notable carreira como director de orquestra, violoncellista e teclista. O director inglés ten unha recoñecida paixón e compromiso coa música de cámara. Ademais, aposta por actividades diversas como a ópera barroca e o repertorio sinfónico clásico. D.SEIJAS

24 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.