Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

José Manuel Pichel visita os centros socioculturais polas cativadas de Nadal

Santiago. O programa de Nadal lanzado por tres centros socioculturais de Santiago posibilitou a conciliación para as familias das parroquias nestas datas tan especiais, nas que a rapazada desfrutou con actividades plásticas, deportivas e culturais, sempre acompañadas con temática navideña. Estes tiveron lugar dende o 23 de decembro ata o día de onte, cando o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, realizou sendas visitas e conversou coa rapazada e o monitorado sobre esta experiencia. Un total de 62 nenos e nenas formalizaron a inscrición neste programa, que facilita ás familias compostelás a organización dos tempos vacacionais a través dunha oferta variada de actividades lúdico-educativas desenvolvidas no seo de tres centros socioculturais do rural: A Gracia, Figueiras e Marrozos. D.Seijas

06 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito