Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Henrique Alvarellos lanza o seu primeiro conto: ‘A nena que abrazaba as árbores’, ilustrado por Xulia Nieto TEXTO Mar Mera

“Este álbum é unha fusión dos sentidos coa natureza”

En A nena que abrazaba as árbores, Henrique Alvarellos convida aos lectores a darse un “baño de bosque”. Para este escritor e editor, autor de varios libros: Territorio auroral, Teoría de Lugo, Galicia en cen prodixios, Diario dun pai acabado de nacer, Balada ceibe no bosque de Conxo ou Federico García Lorca en Santiago de Compostela -no prelo-), este é o seu primeiro conto, baixo o selo Verdemar.

Confesa que esta historia a tiña, como outras tantas, metida nun caixón, e que foi hai un ano cando propuxo a Xulia Nieto facer as ilustracións, “porque xa coñecía o seu traballo ao estar en prácticas na miña editorial”, e destaca que pese a súa xuventude, “ten moito talento”.

O autor asegura que este álbum ilustrado é unha fusión dos sentidos coa natureza. “Pero non só nun bosque, senón nun parque ou xardín. Coñecendo e valorando a que temos preto das nosas casas e que pasa moitas veces diante de nós sen darnos de conta”.

Henrique Alvarellos lembra que abrazar unha árbore forma parte dunha práctica que xurdiu, como terapia no Xapón, nos anos oitenta: o shirin-yoku (baño de bosque), e que estendeuse por todo o mundo.

“Trátase de relaxarse escoitando o bosque, tocando, ulindo, en calma...”, explica, á vez que conta que Álex, un dos protagonistas do libro xunto a Lucía, non pode ver.

Así, como metáfora, aproveita esta circunstancia para que Álex poida disfrutar da natureza a través dos outros sentidos, con cada son e cada recanto, “ademáis de que Lucía empatiza con él pechando os ollos. Ao final o bosque fascínaos aos dous por igual”, sostén.

Henrique explica que o conto está inspirado en dous espazos naturais que coñece moi ben: nun bosque da súa infancia, a carballeira de Fingoi (Lugo), e no Bosque do Banquete de Conxo, en Santiago, cuxa apertura impulsou en 2018.

Henrique Alvarellos e Xulia Nieto asinaron onte exemplares de A nena que abrazaba as árbores na Feira do Libro, que estará ata o vindeiro 21 de xuño, no que están seis casetas: das librerías Pedreira, Númax e A Gata Tola (Santiago), Ler (A Pobra) y Cortizas (Ferrol), además doutra da Editora Alvarellos.

Sobre esta feira, primeira de España na era covid, o editor amosa estar moi contento co respaldo do público “pese a retornar en condicións extremas, con xel hidroalcohólico, mascarillas e distancia de dous metros”. Pensa que os lectores “tiñan gañas de voltar a esta nova normalidade e tamén de arroupar a este sector, que tanto sufríu con tres meses de peche”.

“Despois das redes sociais e a televisión, os libros foron a grande práctica que sostivo á xente no confinamento. Os mantivo algo máis cordos”, asegura, á vez que sostén que “estamos ante unha situación delicada e con unha grande incógnita, xa que non sabemos que pasará no outono, se haberá rebrotes.... De tódolos xeitos queda esa cicatriz deses meses de parón”.

Por este motivo, insiste na necesidade de “facer unha confederación de afectos, agora que é tempo de distancias, de non poder abrazar ou bicar, ao redor da cultura, dos libros, do teatro, dos concertos...”.

Tamén apoia ao comercio de proximidade. “Penso que a xente xa o está demostrando a través das súas compras. A sociedade coñece da situación pola que atravesan e hai empatía hacia eles”, di. Por eso, confía en que sectores como o do libro rexurda nos tempos post-covid.

Preguntado pola súa vindeira obra, non descarta outro conto dentro das historias que garda no caixón. Sobre o actual salienta que inspirouse na súa experiencia como pai, xunto a súa muller Marta, empapando do amor pola lectura aos seus dous fillos.

Por eso, confesa que bota man dos gustos dos seus fillos para contar en A nena que abrazaba as árbores “o que lle gusta aos nenos, sobre todo a aqueles que son máis urbanitas, que descubren a natureza como algo novo, con outros ollos”.

Henrique Alvarellos convida aos lectores, aos máis novos, a abrir o conto e entrar nun mundo fascinante aderezado con ilustracións que os leven a penetrar nese universo natural e sensorial, a través de acuarelas e sutís trazos a lapis.

19 jun 2020 / 01:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito