Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Máis alá e máis arriba’: un libro sobre a orixe do Camiño

O maxistrado e escritor José Vázquez Taín presentou unha novela a cerca dos primeiros peregrinos // No acto do Hostal estivo acompañado por Alfonso Rueda e Román Rodríguez

O xuíz e escritor José Antonio Vázquez Taín presentou onte seu novo libro: Máis alá e máis arriba, unha narrativa a cerca da orixe dos primeiros peregrinos e da Ruta Xacobea, sendo esta última a principal protagonista da obra. Tal e como dixo o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, “foi un acerto poñer ao Camiño como protagonista do libro”, posto que “son as diferentes rutas as que coñecen as historias e os segredos dos peregrinos que ao longo dos séculos fixeron o Camiño, chamados polos seus atractivos”, asegurou.

Por outro lado, Rueda quixo remarcar que nesta obra ábrese a oportunidade de coñecer de primeira man a historia de séculos detrás do Camiño de Santiago, que ten que ver mesmo coa construción de Europa, e animou aos peregrinos que teñan previsto camiñar a Galicia neste Xacobeo 21-22 a descubrir a orixe deste fenómeno a través deste libro. Nesta liña, confía en que aos máis de 133.000 peregrinos que selaron a súa Compostela no que vai de ano, e aos 140.000 que se prevé superar xa no próximo mes, se sumen moitos máis en 2022, coa chegada dos camiñantes internacionais e, sobre todo, ao longo de toda esta década.

Vázquez Taín, deste xeito, volve colaborar oito anos despois co editor José Luis Teófilo, xa que no ano 2013 ambos presentaban no Hostal dos Reis Católicos o primeiro libro do xuíz: Santiago, a lenda do santo oculto, que trata sobre o roubo do Códice Calixtino, e que estivo rodeado de certa polémica dende o primeiro día que saíu ao mercado. Máis alá e máis arriba foi editado por Planeta en castelá, e agora sae á luz a edición en galego, na que colaborou a Xunta de Galicia.

Pola súa banda, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, celebrou que case un ano despois de presentar o título orixinal da obra en castelán, a publicación poda ser lida tamén en galego.

Rodríguez agradeceu de xeito especial ao autor o seu “excelente traballo por continuar divulgando os valores “de unión e integración” do Camiño de Santiago, así como por afondar na súa historia e no seu papel “máis necesario que nunca”, expresou. Calificou á nova publicación como “unha peza fundamental para seguir facendo máis universal a cultura xacobea e nun imprescindible entre os estudosos da ruta”, indicou.

Deste xeito, todo o mundo que queira saber algo máis das orixes do Camiño de Santiago e dos peregrinos atopará nesta narrativa un espazo perfecto no que coñecer de primeira man as historias e os maiores segredos que gardan as Rutas Xacobeas.

30 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito