Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Máis de 2.000 prazas no programa de conciliación

    VERÁN. O concelleiro de Educación, Rubén Prol, destacaba onte que o Programa de conciliación de verán 2022, que se vai desenvolver nos CEIPS Quiroga Palacios e Monte dos Postes, duplica en prazas ao último previo á pandemia. Son 960 prazas gratuitas, fronte ás 480 ofertadas no último ano antes da pandemia. Estas 960 prazas forman parte do conxunto da oferta municipal de conciliación deseñada polo goberno municipal que dirixe Sánchez Bugallo, e que se suman ás da Escola Municipal de Música (45), ás do espazo de lecer María Miramontes (438), ás das Escolas Infantís Municipais (60); e ás da rede de Centros Socioculturais (484). É a maior oferta de conciliación, destaca Rubén Prol, “que puxo en marcha o Concello de Santiago na súa historia”. Son, en conxunto, máis de 2.000 prazas, segundo destacaba o concelleiro, nas que ademais, por primeira vez, as familias teñen a posibilidade de inscribirse no mes de agosto. ECG

    23 jun 2022 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito