Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Medidas para rachar coa fenda dixital na cidade

    administración. A concelleira do BNG Navia Rivas defenderá no pleno propostas para mellorar o proceso de implantación de administración electrónica no Concello “que está a causar numerosos problemas tanto para o persoal municipal como para a veciñanza. De feito, o prazo de cita previa para a realización de trámites supera os 20 días”. Así, propón que o Concello ofreza formación presencial especializada e detallada a cada departamento, xunto cun manual de procedemento para o persoal de cada servizo municipal, co obxectivo de facilitar o funcionamento da administración electrónica para os usuarios.

    Ademais, reclama unha guía dos procedementos , vinculada á Oficina de Atención Cidadá, que acompañará e garantirá a atención presencial para facer calquera trámite e atender o dereito de acceso universal a comunicarse coa administración. Tamén deben dar servizo ás persoas sen coñecementos informáticos. ecg

    21 nov 2020 / 00:43
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito