Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Mila Castro destaca as melloras do servizo local de atención no fogar

REUNIÓN. A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, mantivo onte unha xuntanza co comité de empresa das traballadoras do SAF, o Servizo de Axuda no Fogar; na que tamén estivo presente o equipo técnico do departamento de Servizos Sociais. Unha reunión “cordial”, en palabras da concelleira, que destacou, fronte ás críticas de Compostela Aberta, o incremento de recursos, o aumento das persoas atendidas, e a eliminación das listas de agarda que existían no anterior mandato. Segundo explico a concelleira, foi “unha xuntanza cordial, na que nos trasladaron as súas eivas” e as dificultades que teñen “á hora de desenvolver o seu traballo”. Nós tomamos nota destes temas, co compromiso, como vimos facendo ata agora, de manter esa relación con elas e coa empresa, e poder estar enriba dos problemas que nos trasladen”. Entre esas dificultades expresadas está a de aparcar cando van a algún domicilio. Unha reivindicación histórica que as traballadoras do SAF xa lle plantexaran aos anteriores gobernos, e que non foron quen de solucionar. Mila Castro lembrou que atendendo as súas demandas, “hai uns meses xa artellamos un mecanismo para que poidan estacionar dun xeito máis efectivo” e agora adquirimos o compromiso de melloralo. Mila Castro dixo que “non entendo ben a que se refire a voceira de Compostela Aberta cando fala da miña pasividade”. ECG

20 may 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito