Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Nova concentración dos pensionistas da cidade, o luns frente a Catedral

Santiago. O vindeiro luns, 9 de xaneiro, ás 12.00 horas da mañá, terá lugar a primeira concentración da Plataforma de Pensionistas de Compostela en 2023. Comeza así o quinto ano de mobilización, cunha concentración na que “non faltará ninguén”. “Algo cambiou desde aquel 0,25%: cambiaron as condicións, cambiou a sociedade e cambiamos nós, somos 5 anos maiores, mais o que non cambiou é a certeza de que os dereitos hai que loitar por eles e defendelos. Os dereitos son conquistas”, sinalan dende a plataforma. “A todas as persoas que coa súa participación construíron esta Plataforma, ás que participaron na Coordinadora e a todas as que, mes a mes, erguen a voz grave con constancia, enchendo de dignidade a Praza do Obradoiro, o noso agradecemento e, unha vez máis, a nosa chamada á concentración na Praza do Obradoiro”, conclúe o comunicado lanzado polos pensionistas. D.Seijas

06 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito