Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Novas axudas do plan de emprego local provincial

DEPUTACIÓN O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presentou onte a nova convocatoria de axudas do Plan de Emprego Local (PEL 2023), que este ano conta cun orzamento inicial de 7.654.000 euros para apoiar a contratación de persoal, a realización de investimentos nos negocios e a sufragar os custos das cotas á Seguridade Social dos autónomos.

“Estamos ante o PEL con maior orzamento inicial”, afirmou González Formoso, que explicou que esta iniciativa “permitirá seguir creando emprego e impulsar negocios con axudas de entre 1.000 e 45.900 euros a reactivación económica, o pequeno comercio, as persoas autónomas e microempresas”. Axudas que poderán solicitarse dende Santiago.

O PEL é unha aposta transversal provincial á que se veñen destinando 106 millóns nos últimos sete anos. Grazas a este investimento sen precedentes nesta área, a Deputación axudou a crear máis de 5.300 empregos. ecg

11 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito