Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novas xornadas micolóxicas no centro cultural do barrio de Conxo

Santiago. Chegan un outono máis as Xornadas Micolóxicas do Centro Sociocultural de Conxo, que este ano se celebrarán hoxe e mañá. Haberá dúas conferencias, a tradicional ruta para a recollida de cogomelos e un paseo micolóxico polo Banquete de Conxo.

Hai xa anos que o Centro Sociocultural de Conxo iniciou as súas Xornadas Micolóxicas xunto cuns afeccionados e micólogos próximos ao barrio. Durante estas edicións constatouse o crecente interese pola micoloxía, polo que o CSC quere seguir informando sobre a función que os fungos cumpren na natureza para a súa posta en valor. Para iso cóntase coa colaboración da Asociación Micolóxica Pan de Raposo, que vén colaborando dende hai tempo neste proxecto.

Nesta ocasión terá lugar hoxe unha conferencia e, xa o sábado, unha ruta micolóxica ao Pedroso e, pola tarde, charla e paseo polo Banquete de Conxo. Hai límite de prazas, polo que é preciso inscribirse previamente tanto para a ruta como para o paseo micolóxico no número de teléfono 981 528 740. ECG

22 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito