Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Nove obras finalistas disputarán o ‘renacido’ e histórico premio literario San Clemente Rosalía

Decidiranse os gañadores das categorías en língua galega, castelá e estranxeira // Os vencedores da pasada edición recibirán este ano o galardón tralo aplazamento pola covid

A XXVI edición do Premio San Clemente Rosalía-Abanca deu comezo onte coa presentación das nove novelas finalistas nas tres categorías establecidas no certame: lingua galega, lingua castelá e lingua estranxeira.

As profesoras do IES Rosalía de Castro Marta Gende e Rosa López foron as encargadas de dar a coñecer as obras e autores entre os que se decidirán os gañadores. Fixérono nunha rolda de prensa na que tamén participaron a presidenta da Asociación Cultural Instituto Rosalía, Maribel Martín; o director do IES Rosalía de Castro, Xabier Mouriño; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o coordinador Institucional de Abanca na Coruña, José Manuel Vilariño.

As novelas finalistas desta nova edición do certame literario, por categorías, amósanse a continuación. Na categoría Lingua Galega, as tres finalistas foron Flores de ferro, de María Rei Vilas (Ed. Galaxia), Illa Decepción de Berta Dávila (Ed. Galaxia) e Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga (Ed. Galaxia).

Na segunda categoría, de Lingua Castelá, chegaron á fase final Donde cantan las ballenas, de Sara Jaramillo Klinker (Ed. Lumen), El tercer país, de Karina Sainz Borgo (Ed. Lumen) e Rewind, de Juan Tallón (Ed. Anagrama).

Por último, na categoría Lingua Estranxeira, os destacados foron El país de los otros, de Leila Slimani (Ed. Cabaret Voltaire), La escritora, de Auour Ava Ólafsdóttir (Ed. Alfaguara) y Los Chicos de la Nickel, de Colson Whitehead (Ed. Random House).

O Premio San Clemente Rosalía-Abanca retoma así a normalidade tras ter que cancelar o acto de entrega da XXV edición, por culpa da pandemia da Covid-19. A autora e os autores gañadores desa edición que tivo que ser suspendida foron os seguintes: Emma Pedreira, por Besta do seu sangue; Carlos Busqued, por Magnetizado, e Antonio Manzini, por 7-7-2007. Os tres galardonados recibirán cadanseu premio nunha gala conxunta, acompañando aos tres novos escritores e escritoras que resulten gañadores na convocatoria actual.

14 jun 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito