Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Novo campo da festa e pista para a zona de O Castiñeiriño

    Santiago. A Xunta de Goberno Local aprobou onte a adxudicación das obras incluidas no proxecto Execución das obras de acondicionamento do campo da festa do Castiñeiriño para usos polivalentes, a favor da empresa Balance. Obras y Servicios SL., por un importe de 335.474,56 euros, IVE engadido. Segundo explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, esta actuación está incluída no remanente de 2019. O prazo de execución é de cinco meses. Os colectivos veciñais viñan demandando o acondicionamento como novo campo da festa de dúas parcelas dotacións, de 1.200 m² e de 3.961 m², xeradas pola urbanización do polígono SUNP 11 do Castiñeiriño; e situadas detrás da Igrexa da Nosa Señora de Fátima e do antigo colexio Ramón Cabanillas.

    Á vista das novas necesidades do barrio xeradas por o seu crecemento residencial, estableceuse que o novo campo da festa debía ter unha funcionalidade polivalente que puidera albergar distintas actividades. Polo tanto, o proxecto construtivo debía contemplar no seu deseño distintas funcionalidades. ecg

    04 may 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito