Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Banco de Leite Materno do Clínico recibiu máis de 600 litros o ano pasado

DÍA MUNDIAL. A área sanitaria de Santiago e Barbanza sumouse onte á celebración do Día Mundial da Doazón de Leite Materno. Esta data ten como obxectivo agradecerlles o altruísmo ás nais que doadoras así como promocionar e explicar os beneficios que esta doazón ten para os neonatos enfermos e prematuros. No 2021 o Banco de Leite Materno de Santiago recibiu máis de 600 litros de leite grazas á xenerosidade de 89 nais galegas. Esto fixo posible que 118 neonatos, na súa maioría prematuros, dos hospitais de Santiago, Coruña, Ferrol e Lugo, puideran obter os beneficios que esta proporciona, entre os que destacan a diminución das complicacións intestinais e as infeccións hospitalarias. O Banco de Leite do Hospital Clínico, que conta coa certificación UNE-EN ISO 9001:2015 dende o ano 2019, funciona como un centro especializado, responsable da promoción e apoio á lactación materna, e da recolección, procesamento, control de calidade e dispensación do leite de nai doada a calquera neno que a precise. Tanto a doazón como a dispensación son gratuítas. Este sistema permite dispoñer de leite humano en calquera momento e poder iniciar así a alimentación trófica a todos os nenos doentes ou prematuros, á espera de que as súas nais lles poidan dar o seu propio leite. ECG

20 may 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito