Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O biógrafo de Picasso dá a coñecer a faceta máis ‘galega’ do famoso pintor

CULTURA. O Ateneo de Santiago celebra hoxe unha conferencia organizada pola Sección Arte, Educación e Cultura para conmemorar o Ano Picasso, titulada Picasso, unha biografía galega. A charla, que terá lugar a partir das 19.30 horas na Rúa do Vilar, 19; estará impartida por Rubén Ventureira, xornalista, escritor e biógrafo do artista.

Neste 2023 acádase a efeméride dos cincuenta anos dende o falecemento do pintor Pablo Ruiz Picasso, un feito que marca a celebración internacional da súa obra e legado. Nesta conferencia, o seu biógrafo dará a coñecer en maior profundidade a unha das figuras imprescindibles da historia da arte, desvelando de que xeito influíu tanto na súa vida coma na súa obra a breve etapa que pasou a vivir en Galicia.

Rubén Ventureira, xestor cultural e comisario de exposicións, foi coordinador do evento A Coruña. 120 anos despois (2015), dedicado á etapa coruñesa de Pablo Picasso. Durante os últimos anos ten comisariado un abano de exposicións sobre o artista, tanto en Galicia como en España e outros países, como China, e é autor dos libros Picasso, azul y blanco. A Coruña: el nacimiento de un pintor (2014) e Picasso, Ramón Pérez Costais y el Colegio de Médicos de A Coruña (2019), así como de diversos artigos arredor de la figura de Picasso publicados en varios catálogos. Neste Ano Picasso será comisario da exposición Picasso branco no recordo azul. Debuxando o futuro no Museo de Belas Artes da Coruña. ECG

16 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.